O 24 DE FEBREIRO imos de celebración: Cantares gallegos de Rosalía de Castro cumpre 150 anos; tantos levan os versos de Rosalía enREdándonos e acompañándonos, lembremos pois algúns dos seus versos ao longo destes días:
ImageChef.com Poetry Blender
14.2.13
25.1.13
Os trasnos dos libros, 2º de bacharelato, falan do libro de Xesús Constela, 15724
As alumnas e alumnos de 2º de bacharelato do club de lectura queren dedicar esta entrada ao seu profesor e escritor Xesús Constela co motivo da publicación da súa última obra 15724.
É a súa maneira de expresarlle o seu agarimo, lendo e agora falando da súa novela.
Esperamos que te guste escoitar as súas palabras, parabéns Xesús.
Etiquetas:
15.724,
literatura galega,
Xesús Constela
13.1.13
CLUB DE LECTURA DE BANDA DESEÑADA
No club de lectura estamos a ler:
A) No grupo 1: Freda, unha obra (xa presentada noutra entrada do blog) que fala da emigración en Galicia, do amor, dos soños...
B) No grupo 2: Todo Paracuellos, do gran autor de cómics Carlos Giménez. Trátase da serie de historietas que o autor realizou entre 1977 e 2003. Os protagonistas destas páxinas autobiográficas son os orfos da guerra civil que viviron nos fogares de “Auxilio social”. A ver que lles parece aos nosos lectores esta obra que non deixa indiferente a ninguén!


11.1.13
RETOMAMOS AS NOSAS LECTURAS
Esta semana de regreso xa despois destas vacacións de Nadal tivemos as primeiras reunión do ano 2013. Os grupos 1 de 3º de ESO e ambos grupos de segundo de bacharelato xuntámonos fundamentalmente para tarefas de xestión: recollemos os libros do primeiro trimestre e entregamos as lecturas correspondentes ao segundo. Ademais en segundo de bacharelato tivemos unha moi substanciosa charla arredor de 15724 o libro de Xesús Constela que leron en Nadal e que os sorprendeu polo seu valor simbólico, que se lle escapou a uns poucos, e do cal quedaron moi satisfeitos.
Tamén houbo tempo para comer unhas pastiñas alemás e para repartir os agasallos e-twinning para os alumnos de 3º de ESO que participan no proxecto “Cidades e literatura, escenarios. Lemos e rodamos”.
Os participantes no club de 3º quedaron un pouco asustados ao ver a novela que van ler, “Os fillos do mar” de Pedro Feijoo, xa que non están afeitos a obras “tan gordas” nas súas palabras; cando se lles introduciu o libro e falamos da actividade que preparamos conxuntamente cos clubs de Sanxenxo, Ribeira de Louro, Pedra do acordo e posiblemente O pino manso, xa se animaron moito máis e borraron a cara de susto.
En segundo de bacharelato fixemos un intercambio de lecturas entre os dous grupos: “Ninguén” por “Farenhait” e viceversa, para non perder os bos costumes e seguir filosofando sobre a vida e o futuro.
Bo ánimo para todos nesta nova andaina.
E para rematar botádelle unha ollada a este panel das obras de FRAN ALONSO:
http://pinterest.com/cabrafanada/os-meus-libros-my-books-mis-libros/
Etiquetas:
15.724,
e-twinning,
lecturas,
Ninguén
20.12.12
No club de lectura de 3º de ESO rematamos o trimestre lendo en “portugués”
No día de onte asistimos a un pequeno obradoiro de lingua portuguesa no noso centro, o obradoiro está encadrado no proxecto Terra no que imos participar co profesor de Sociais, Alberto Lago, e a profesora de galego, Anxos Rial; colaboran pois neste proxecto o Equipo de Dinamización Lingüística e a biblioteca do noso centro.
No obradoiro ensináronnos cuestións xerais sobre a cultura e a lingua portuguesa e demostráronnos o fácil que é para nós comprender a lingua veciña que é a nosa lingua tamén.
E para practicar, esta mañá estivemos na biblioteca lendo libros en portugués:
O gato malhado e a andorinha sinha de Jorge Amado, algúns contos de Bichos de Miguel Torga e o álbum ilustrado “Frederico” de Leo Lionni.
Foi moi divertido para todos e ata o noso compañeiro Fang, que é chinés e só leva tres meses con nós, atreveuse coa lingua.
Lecturas en portugués on PhotoPeach
19.12.12
Programa de radio sobre " A lingua das mariposas". Club de 1º de bacharelato.
Hemos preparado un programa sobre distintos temas relacionados con La lengua de las mariposas,.
Belén ha sido la presentadora.
Almudena Yela ha hablado sobre los temas tratados en la película.
Beatriz habla sobre los maestros en la República.
Aiihnoa García habla sobre las ideas de un maestro.
Etiquetas:
e-twinning,
literatura galega,
Manuel Rivas,
radio
12.12.12
Reunión do club de lectura de 3º de ESO, grupo 2.
Esta mañá previamente ao recitado de Celso Emilio, no recreo tivemos a nosa sesión de club de lectura, pero: Ai, Deus! o libro de texto andaba polo medio... tiñamos exame a seguir... nervios, repaso do último momento... quen falaba de Los juegos del hambre!!!!!.
Chegamos a un acordo: leriamos o poema que para o inicio da sesión nos escollera Mercedes e posporiamos a sesión para a vindeira semana.
Polo menos quedounos un bo sabor de boca cos fermosos versos, escritos por Miguel Hernández, seleccionados por Mercedes e lidos por Nerea:
Tu corazón, una naranja helada
con un dentro sin luz de dulce miera
y una porosa vista de oro: un fuera
venturas prometiendo a la mirada.
Mi corazón, una febril granada
de agrupado rubor y abierta cera,
que sus tiernos collares te ofreciera
con una obstinación enamorada.
¡Ay, qué acometimiento de quebranto
ir a tu corazón y hallar un hielo
de irreductible y pavorosa nieve!
Por los alrededores de mi llanto
un pañuelo sediento va de vuelo
con la esperanza de que en él lo abreve.
con un dentro sin luz de dulce miera
y una porosa vista de oro: un fuera
venturas prometiendo a la mirada.
Mi corazón, una febril granada
de agrupado rubor y abierta cera,
que sus tiernos collares te ofreciera
con una obstinación enamorada.
¡Ay, qué acometimiento de quebranto
ir a tu corazón y hallar un hielo
de irreductible y pavorosa nieve!
Por los alrededores de mi llanto
un pañuelo sediento va de vuelo
con la esperanza de que en él lo abreve.
![]() |
Etiquetas:
literatura española,
Miguel Hernández.,
poesia
28.11.12
Desde Roma a Komármo, desde Komárno a Poio lemos "A lingua das bolboretas": Proxecto Cine-tura
No noso proxecto eTwinning os alumnos traballan con obras literarias que foron levadas ao cine. Comezamos co relato de Manuel Rivas “A lingua das bolboretas” do seu libro Que me queres, amor?. Unha das actividades consistiu na lectura de gran parte do relato por parte dos alumnos dos tres institutos, actividade que forma parte tamén dun dos clubs de lectura da biblioteca do IES de Poio.
Os arquivos de son, gravados cos móbiles en distintos formatos, foron convertidos a mp3. e editados en Podsnack.
Os institutos participantes son o IES de Poio, o Gymnázium Hansa Selyeho de Komárno, Eslovaquia, e o Liceo Statale Niccolò Machiavelli de Roma.
Estes son os protagonistas das lecturas:
Narrador:
Bea Alvela (Poio)
Ainhoa García (Poio)
Ainhoa Pousada (Poio)
Maestro: Andrea Pacenti (Roma)
Moncho : Francesco Casole (Roma)
Padre: Federico (Roma)
Madre: Orsi (Komárno)
Vecina: Viki (Komárno)
Romualdo: Marcello Baldi (Roma)
Cordeiro: Andrea (Roma).
http://new-twinspace.etwinning.net/web/p88544
Etiquetas:
club de lectura,
e-twining,
literatura galega
25.11.12
"Unha bolsa de canicas"
Empezamos a nosa andaina lendo "Unha bolsa de canicas" de Joseph Joffo, novela escrita en 1973. Esta novela foi traducida a 18 linguas. Ambitada na Francia ocupada polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial, iremos coñecendo pouco a pouco as aventuras dos dous cativos protagonistas, que recorren Francia escapando.
Etiquetas:
club de lectura,
Joffo,
unhabolsa de canicas
22.11.12
As imaxes e as lecturas do Irmandamento, e todos en tirolinaaaa
Irmandamento clubs de lectura: Biblioribeira (Porriño), A pedra do acordo (Tui) e os Trasnos dos libros:
Encontro dos clubs de lectura (II) :
As lecturas: lendas, poemas e textos etnográficos:
E todos en Tirolinaaaaa:
Encontro dos clubs de lectura (II) :
As lecturas: lendas, poemas e textos etnográficos:
Etiquetas:
irmandamento,
lecturas compartidas
Suscribirse a:
Entradas (Atom)