10.3.11

Penúltima sesión de "TRES METROS SOBRE EL CIELO" (I)

Esta mañá tivemos a nosa penúltima sesión de "Tres metros sobre el cielo" xa que a última será unha sesión TIC. Xa todas temos o libro rematado, primeiro lemos as conclusións xerais a esta parte (capítulo 26 ao final):

Esta segunda parte é máis densa cá primeira, hai máis acción, narra a consolidación do proceso e o asentamento dos sentimentos entre Babi – Step, entre Pallina – Pollo, concreción de actitudes ante a relación, de Rafaella, chantaxe da profesora Giacci, presentación do conflito Babi-Step, Babi-Rafaella, relación entre Paolo-Step.

Esta parte é moi desproporcionada en canto a extensión dos capítulos e aos feitos narrados ( capítulos moi breves como o 40,41 –tal vez serven de enlace- ou longos como o 53; nos que case non hai acción como 36, 37 fronte a todos os acontecementos do 53 o capítulo máis denso da noveliña, onde a redución temporal é de 6 meses aproximadamente con numerosos saltos temporais cara atrás). Comprendemos agora  (compartimos?) as reaccións violentas de Step provocadas pola frustrada relación coa súa nai á que adora pero non acepta (encontro capítulo 33 e salto atrás de 2 anos no 34).

Atopamos tamén a valoración que Step fai do que está de moda entre os xoves “Lo que va hoy es el matón, el gamberro” (pp.229) ou o que del pensan “ nunca les gusto a las madres”(pp. 232) a que del fai Rafaella “Que cara tan dura” (pp.234).

A visión social dos pais sobre o conflito está moi clara nas palabras de Rafaella: “Que va a decir a los vecinos, a las amigas…” (pp. 235), na reacción da escola “5000 € para beneficencia “ (cap. 44), ou nas palabras de Babi á súa nai “sois unos payasos” (pp386).


É importante a descrición que se fai da pofesora, a súa actitude na aula fronte a súa vida privada (cap. 30), a extorsión que sofre (pp330-333), e as súas explicacións a Babi  (cap. 53).

As chicas coincidiron en que as razóns do fracaso da relación está en varias circunstancias: Step é moi violento e non pode cambiar, deixouno polos pais dela, rematou a relación porque empeza unha vida nova, pola presión social...
Acusan as reaccións violentas de Step á súa frustrada relación co pai, á adoración que sinte pola nai  a pesar de que engana ao pai, polo desamor en xeral. 
O momento máis importante do libro é cando Step dille a Babi que está a tres metros do ceo e cando esta le a pintada na ponte.  
Continuaraaa..... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario