11.1.13

RETOMAMOS AS NOSAS LECTURAS

Esta semana de regreso xa despois destas vacacións de Nadal tivemos as primeiras reunión do ano 2013. Os grupos 1 de 3º de ESO e ambos grupos de segundo de bacharelato xuntámonos fundamentalmente para tarefas de xestión: recollemos os libros do primeiro trimestre e entregamos as lecturas correspondentes ao segundo. Ademais en segundo de bacharelato tivemos unha moi substanciosa charla arredor de 15724 o libro de Xesús Constela que leron en Nadal e que os sorprendeu polo seu valor simbólico, que se lle escapou a uns poucos, e do cal quedaron moi satisfeitos.
Tamén houbo tempo para comer unhas pastiñas alemás e para repartir os agasallos e-twinning para os alumnos de 3º de ESO que participan no proxecto “Cidades e literatura, escenarios. Lemos e rodamos”.
Os participantes no club de 3º quedaron un pouco asustados ao ver a novela que van ler, “Os fillos do mar” de Pedro Feijoo, xa que non están afeitos a obras “tan gordas” nas súas palabras; cando se lles introduciu o libro e falamos da actividade que preparamos conxuntamente cos clubs de Sanxenxo, Ribeira de Louro, Pedra do acordo e posiblemente O pino manso, xa se animaron moito máis e borraron a cara de susto.
En segundo de bacharelato fixemos un intercambio de lecturas entre os dous grupos: “Ninguén”  por “Farenhait” e viceversa, para non perder os bos costumes e seguir filosofando sobre a vida e o futuro.
Bo ánimo para todos nesta nova andaina.
libros1

E para rematar botádelle unha ollada a este panel das obras de FRAN ALONSO:

http://pinterest.com/cabrafanada/os-meus-libros-my-books-mis-libros/

2 comentarios:

  1. Boas alumnas as da foto, pero, donde están os chicos? Por certo, ide pensando na saída de dúas noites ("dúas") no mes de maio...

    ResponderEliminar
  2. Moito ánimo coa miña criatura! Sei que de entrada asusta, pero xa veredes como a pouco que lle deades unha miga de confianza xa tedes ao desastroso Simón facéndovos boa e lixeira compaña! Ánimo, que se ao final non vos agrada prometo dar a cara, aínda que máis nada sexa para que me poidades dar co libro nada cabeza! (glubs...). Dádelle duro! Unha aperta!

    ResponderEliminar