8.2.12

"EL SOÑADOR" NO CLUB DE LECTURA DE CÓMIC


Xa iniciamos a lectura de El soñador de Will Eisner! Esta é unha obra autobiográfica do influínte guionista e debuxante Will Eisner nado no ano 1917. Nela conta os seus comezos como debuxante que se contextualizan na época na que naceu a moderna industria do cómic-book.
En xeral gustoulles aos compoñentes do club de lectura de cómic. Na última sesión estivemos a comentar anécdotas que lle acontecen a Eisner na persecución do seu sono: poder vivir do que lle gusta de verdade, é dicir, de crear cómics. Charlamos sobre moi diversos temas: a sorte de poder traballar no que a un lle gusta, a loita e esforzo que ás veces isto implica, a importancia de intentar pelexar polo que realmente queres... Foi unha conversa moi amena que no conduciu a reflexionar sobre os diferentes sendeiros que pode abrirse nas nosas vidas... Pasámolo moi ben e resultou unha sesión moi produtiva...

3.2.12

DAVID RUBÍN EN VIÑETAS

Vídeo realizado pola xente do festival de comic de Carmona sobre a obra de David Rubín:

David Rubín en "Autores en Viñetas" from Zexion6 on Vimeo.

22.1.12

DOAZÓN DE FONDOS DESDE AS BIBLIOTECAS CRA DE CHILE

Vimos de recibir o presente que os Reis Magos ( da man de Constanza Mekis) deixaron para nós nada máis cerca que en Chile: unha doazón de fondos de "el componente Bibliotecas Escolares Centros de Recursos para el Aprendizaje CRA del Ministerio de Educación de Chile".
Trátase da colección "Mis lecturas diarias" , libros de lecturas literarias e informativas para estudiantes.
O envío inclúe tamén unha curtametraxe "La Estrella Alcanzar" e o vídeo "Chile en un relato" que recolle historias tradicionais chilenasque nos permitirán achegarnos á cultura deste país.

Desde esta páxina queremos agradecer a Contanza Mekis e ás Bibliotecas CRA chilenas este agasallo do cal gozaremos todos - alumnos e docentes- do IES de Poio. 

DOAZÓN DESDE CHILE - BIBLIOTECAS CRA on PhotoPeach

16.1.12

"UN OLLO DE VIDRO" de Castelao

Esta mañá o grupo de lectura e-twinning tivemos a nosa reunión para comezar coas conclusións arredor da lectura de Un ollo de vidro.Memorias dun esquelete de Castelao.
Comezamos falando da importancia da morte e do humorismo co que esta é tratada na obra (feito que desconcertou aos nosos compañeiros franceses), para Iván a morte forma parte do noso, é algo normal na ideosincrasia dos galegos; para Andrea a morte resulta tráxica só no primeiro momento, o humor co que se trata non é irrespetuoso, é algo natural para nós xa que o humor axuda a superar o trauma. 
En canto aos personaxes, para Alicia o máis tenro é o neno, dálle mágoa que o inglés abuse del, a Iván o inglés faille graza porque usa as calaveiras dos demais e non a súa propia; comprenden que o enterrador saque todo o beneficio que pode dos mortos. O máis odioso dos personaxes para eles é o cacique-vampiro que Daniel interpreta, chupa o sangue dos campesiños.  
Eles identifican ao narrador co autor, din que prevalece nel o interés pola crítica sobre o interés da propia historia.
Polo que respecta á estrutura, Alicia di que se perdeu pola organización espacial dos episodios pero aclarámoslle que cada episodio se corresponde co cambio de personaxe.
Todos comprenden que aos compañeiros franceses lles resulte complexo pois carecen das claves interpretativas sobre Galicia, sobre Castelao e a súa ideoloxía polo que decidimos que cada un deles vai compartir estas claves cos alumnos de París coa fin de facilitarlles alectura e a comprensión da noveliña.


7.1.12

LECTURAS DE BANDA DESEÑADA RECOMENDADAS PARA O 2012

Arrugas; Paco Roca. Esta é a primeira recomendación para o ano 2012. Este premio nacional do cómic no 2008, é un pequeno relato sobre un enfermo de Alzheimer que ingresa nunha residencia. Aproveitemos a súa lectura xa, posto que está  apiques de saír no cine!
Black Jack; Osamu Tezuka. Black Jack é un médico cun extraordinario talento que exerce na clandestinidade porque non está de acordo co sistema sanitario xaponés (serie manga). Os alumnos que o leron afirman que gozaron moito desta obra.
El arte. Conversaciones con mi madre; Juanjo Sáez. A modo de xogo entre varios xéneros narrativos -ensaio, autobiografía e novela-, Juanjo Sáez, con humor e sen andrómenas, cun un estilo cómplice e popular, pensa en voz alta a súa visión da arte, e para exemplificala detense no traballo dalgúns dos creadores máis representativos dos últimos tempos: Calder, Picasso, Warhol, Dalí e Chillida entre outros. E noutro plano igual de fascinante, Sáez leva a cabo un labor de índole máis sentimental: percorre as salas de museos xunto á súa nai, rememora escenas familiares cotiás, revisitando a súa propia memoria. É unha obra divertida á par que entrañable...
El heroe, vol.1; David Rubín. É unha adaptación do mito dos doce traballos de Heracles, situando a acción nunha época fantástica indeterminada, que mestura pasado con presente e elementos de ciencia-ficción. É unha obra magnífica que, aínda que está recentemente publicada, xa goza de numerosos premios que valoran xustamente o traballo realizado por David Rubín.
El soñador; Will Eisner. É un relato autobiográfico no que Eisner explica a súa loita e as enerxías que inverteu para poder conseguir que a súa carreira profesional tivera a dirección do seu soño: debuxar cómics. É verdadeiramente recomendable posto que a súa lectura emociona e transmite unha frescura que deixa unha sensación agradable e perdurable.
Epicuro El sabio; William Messner-Loebs & Sam Kieth. Cómic no que se recrea a Atenas clásica pola que pasean Epicuro, Platón, Sócrates, Pericles, Esopo, Hesíodo, Homero...
María y yo; María Gallardo & Miguel Gallardo. Neste cómic “yo” é o pai de “María” unha rapaza autista coa que vai de vacacións... Lese moi rápido, o formato semella infantil pero vale para todas as idades. Serve para traballar cos alumnos distintos aspectos: a “diferenza”, como as estruturas mentais poden condicionar a interpretación de calquera aspecto vital, a afectividade, as normas e códigos sociais (e a súa alteración)...
Maus; Art Spiegelman. Foi gañador do premio Pulitzer. Cóntase a historia dun sobrevivente de Auschwitz que é narrada polo seu fillo Art, o autor do libro. Os xudeus son representados como ratos e os nazis como gatos...
Persépole; Marjane Satrapi. Persépole é a  historia autobiográfica da iraní Marjane Satrapi, a historia dunha loita pola liberdade... de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que a  levaría  a abandonar  o seu  país. 
V de vendetta; Alan Moore e David Lloyd. Este clásico de ciencia-ficción e intriga sitúase no ano 1997, no que finalizou a III Guerra Mundial e no que Inglaterra converteuse nun estado fascista. Nestes tempos de desesperación e escuridade, aparece un misterioso individuo que se fai chamar "V" e que ataca aos intereses e axentes do estado, creando o caos. Pero, Quen é "V"? Por que busca vinganza?..


Todos os cómics recomendados están na biblioteca do IES de Poio. Agardamos que os disfrutedes!

24.12.11

Rematamos de ler o cómic de Bill Watterson


Foi interesante ver a evolución que se produciu na lectura deste cómic de Bill Watterson. Así, nas primeiras sesións gustáballe a algúns e a outros non lles acababa de enganchar nin de encher, mais a medida que os compoñentes do club de lectura ían avanzando na lectura do tebeo, este e os personaxes fóronlles resultando cada vez máis simpáticos e agradable. Deste xeito, na última reunión do club de lectura de banda deseñada (da ESO) todos coincidían en que lles gustaba o cómic.
Xa vos anunciamos que no próximo trimestre leremos o mesmo cómic que tanto desfrutou o outro grupo (o de Bacharelato): Arrugas de Paco Roca. Desexamos que teña tanto éxito como o tivo cós outros compañeiros! De momento deixámosvos con este vídeo de animación de Calvin & Hobbes.

23.12.11

Máis sobre "Un dedo manchado de tinta"


"Para min algúns dos relatos foron entretidos, pero outros aburríronme un pouco; fíxoseme longo e unpouco custoso rematar o libro aínda que o argumento queusa en cada relato pareceume interesante. " Carla.

" As historias que máis me gustaron foron IB-547 e a de Malulú, nesta última me pareceu moi triste cando relata todo o que o protagonista tivo que facer e vivir para chegar a España..." Eva.

"Sorprendeume moito que en cadacapítulo se narrase unha historia diferente e que estas sexan tan reais (...) gustoume que o autor decidira contar historiasda sociedade actual pois noutros libros parece que as nosas vidas non merecen atención; o autor consegue que nos deamos de conta que as miserias, comedias ou traxedias non lles  suceden a persoas especiais ou heroes (...). Sara.

" O libro é diferente aos demais, é orixinal o que me gustou" Juan Carlos.

"A opinión xeral deste libro é que nos gusta moito, máis ou menos todas as historias, pareceunos doado de ler. Todos opinamos que representa historias reais e que non ten unha estruturacorrente debido a que contasete historias diferentes quecon pequenos trazos van tendo cousasen común. De todos os personaxes o que máis nos gustou foi o de Malulú" (O grupo)